Monday 06 de May de 2024

O Concello renovará totalmente o parque infantil de Rialta


O Concello vai iniciar de inmediato os trámites para a contratación da obra de renovación e ampliación da área de xogos infantís do parque Marcelino Camacho, na urbanización Rialta. O investimento nesta actuación será de 199.777,99 euros.

Dada a importante poboación infantil da zona, ademais da renovación completa do parque con novos xogos ampliarase o actual espazo con máis aparatos, entre outros cunha tirolina.